Decrecemento, novas raíces para a economía

Re-imaxinando o Futuro despois da crise do Coronavirus

A pandemia do coronavirus tense xa levado inmurables vidas, deixando paso a un futuro incerto. Mentres as persoas na primeira liña do sistema de saúde e abastecemento social básico están a loitar contra a propagación do virus; coidando persoas doentes e mantendo en funcionamento operacións esenciais, unha gran parte da economía fica estancada. Esta situación, paralizante e dolorosa para moitos, provoca medo e ansiedade naqueles que amamos e as comunidades ás que pertencemos. Aínda así, pode ser tamén un momento para colectivamente aportarmos e impulsarmos novas ideas.

A crise desencadeada polo coronavirus pon ao descuberto moitas feblezas da nosa economía capitalista obsesionada polo crecemento como a inseguridade, sistemas de saúde prexudicados durante anos de austeridade e a infravaloración dalgunhas das profesións máis imprescindibles. Este sistema, baseado na explotación das persoas e da natureza, é intensamente propenso a sufrir crises, sendo ademais vistas como algo normal. Aínda que a economía mundial está a producir moito máis que nunca, non se ocupa do coidado dos seres humanos e do planeta; no seu lugar a riqueza é acumulada e o planeta arrasado. Millóns de nenos morren cada ano por causas evitables, 820 millóns de persoas están desnutridas, a biodiversidade e os ecosistemas están sendo degradados, os gases de efecto invernadoiro continúan elevándose provocando un cambio climático antropoxénico con incremento do nivel do mar, tormentas devastadoras e incendios incontrolables, entre outros fenómenos.

Durante décadas, as estratexias dominantes utilizadas para loitar contra estes males foron deixar a distribución económica nas maos do mercado e atenuar a degradación ecolóxica a través dunha economía que poida crearse sen incrementar a presión ambiental mediante o desenvolvemento individual e o crecemento verde. Isto non funcionou. Agora temos unha nova oportunidade para construir en base a algunhas das experiencias da crise do coronavirus: con novas formas de cooperación e solidariedade que hoxe están a florecer, o crecente respeto e a estimación xeralizada dos servizos sociais esenciais como a saúde e o traballo de coidados, abastecemento de alimentos e xestión do lixo. A pandemia tamén levou aos gobernos a tomar accións sen precedentes en tempos modernos de paz, demostrando o que é posible cando hai vontade: reestructuracións dos orzamentos, movilización e redistribución de diñeiro, a rápida expansión do sistema de seguridade social e a importancia da vivenda para as persoas sen fogar.

Ao mesmo tempo, cumpre estar en alerta con relación á preocupante alza de tendencias autoritarias tales como os sistemas de vixiancia masivos ou as tecnoloxías invasivas, o peche de fronteiras ou as restricións de dereitos de asamblea. Non só cumpre resistir estas dinámicas senón ir máis alá. Cumpre comezar a facer unha transición cara un tipo de sociedade radicalmente diferente. No canto de procurar desesperadamente poñer a andar de novo a maquinaria destructiva do crecemento, suxerimos construir en base ás leccións aprendidas e á abundancia de iniciativas sociais e solidarias que teñen brotado arredor do mundo durante estes meses. Ao contrario do que se sucedeu despois da crise financeira do 2008, cumpre salvar ás persoas e ao planeta no lugar de rescatar as grandes corporacións, e sair desta crise con medidas de suficiencia que sustituan ás de auteridade.

Nós, os asinantes desta carta, ofrecemos, polo tanto, cinco principios para a recuperación da nosa economía e a creación dunha sociedade xusta. Para desenvolver os novos fundamentos dunha economía que funcione para todos, precisamos:

1)  Poñela vida no centro do noso sistema económico.

En lugar do crecemento económico e a produción de lixo, cumpre poñer a vida e o benestar no centro do noso esforzo. Mentres tanto, algúns sectores da economía, como a producion de combustibles fósiles, forzas militares e anuncios publiciatarios, teñen que ser eliminados o máis rápido posible. Precisamos fomentar outros como a asistencia médica, educación, enerxías renovables e agricultura ecolóxica.

2)  Reavaliar radicalmente como e que traballos son necesarios para unha boa calidade de vida para todos.

Precisamos poñer máis énfase nos coidados e avaliar axeitadamente as profesións que se teñen probado esenciais durante a crise. Traballadores de industrias destrutivas necesitan acceso a capacitación para novos tipos de traballo que sexan rexenerativos e limpos, asegurando unha transición xusta. Temos que reducir o tempo de traballo e introducir esquemas de traballo compartido.

3) Organizar a sociedade en torno ao abastecemento de bens e servizos esenciais.

Aínda que necesitamos reducir o consumo excesivo e as viaxes aéreas, as necesidades humanas básicas como o dereito á alimentación, á vivenda e á educación deben ser aseguradas mediante servizos básicos universais ou esquemas universais de ingresos básicos. Ademais, hai que definir e implementar democraticamente unha renda mínima e máxima.

4) Democratizar a sociedade.

Isto significa permitir a todas as persoas participar en decisións que afectan a súa vida. En particular, significa máis participación de grupos marxinados na sociedade, así como a inclusión de principios feministas dentro das políticas e do sistema económico. O poder das corporacións mundiais e do sector financeiro ten que reducirse drasticamente a través da apropiación e supervisión democrática. Os sectores relacionados coas necesidades básicas como a enerxía, a alimentación, a vivenda, a saúde e a educación deben ser desmercantilizados de desfinancializados.

5) Sistemas políticos e económicos baseados no principio de solidariedade.

A redistribución e a xustiza (transnacionais, interseccionais e interxeracionais) deben ser a base para a conciliación entre as xeracións actuais e futuras, os grupos sociais dentro dos países e entre os países do Sur Global e o Norte Global. O Norte Global, en particular, debe acabar coas formas actuais de explotación e facer reparacións das pasadas. A xustiza climática debe ser o principio guía para unha rápida transformación social e ecolóxica.

Mentres teñamos un sistema económico dependente do crecemento, a recesión económica será devastadora. O que o mundo precisa é Decrecer: unha economía planificada pero adaptable, sostible e en redución progresiva e equitativa, orientada cara a un futuro onde poidamos vivir mellor con menos. A crise actual foi brutal para moitos, golpeando aos máis vulnerables, pero isto tamén nos brinda a oportunidade de reflexionar e repensar. Isto pode facernos entender o que é realmente importante, demostrando así o potencial do Decrecemento. O Decrecemento, como movemento e como concepto, leva máis dunha década reflexionando sobre estes puntos e ofrece un marco consistente para repensar a sociedade baseada noutros valores como a sustentabilidade, a solidariedade, a equidade, a convivencia, a democracia directa e bo vivir.

Únete a nós nestes debates e comparte as túas ideas en Decrecemento Viena 2020 e o Día do Decrecemento Global – para construirmos a saída intencional e emancipatoria das adicións ao crecemento.

En solidaridade,

O grupo de traballo da carta aberta: Nathan Barlow, Ekaterina Chertkovskaya, Manuel Grebenjak, Vincent Liegey, François Schneider, Tone Smith, Sam Bliss, Constanza Hepp, Max Hollweg, Christian Kerschner, Andro Rilović, Pierre Smith Khanna, Joëlle Saey-Volckrick.

Esta carta é o resultado dun proceso colaborativo dentro da rede internacional de decrecemento. Asinado por máis de 1.100 expertos e máis de 70 organizacións de máis de 60 países.